TAREFA 8:A PALABRA DO ANO

A PALABRA DO ANO

A  miña palabra do ano 2019 é GRACIOSO. A miña elección é porque o pasei moi ben en momentos moi graciosos vividos cos meus amigos durante todo o ano.

Por outro lado, investigando sobre a palabra do ano atopei que existen palabras do ano en Galicia, Cataluña e Inglaterra  que vou a explicar na seguinte información:

      En Galicia, en galego, a palabra do ano comezou no 2014. Dende aquela as palabras foron:
  1. 2015: refuxiado/a.
  2. 2016: irmandade.
  3. 2017: afouteza (valentía).
  4. 2018: deseucaliptización.
  5. 2019: sentidiño foi a palabra máis votada.
       Con respecto a España, no castelán, as palabras foron:
  1. 2015: refugiado/a.
  2. 2016: populismo.
  3. 2017: aporofobia ( miedo,rechazo o aversión a los pobres).
  4. 2018: microplásticos.
  5. 2019: emojis.
     En Cataluñano catalán, a palabra do ano comezou no 2016 e foron:
  1. 2016: populismo.
  2. 2017: cassolada (cacerolada).
  3. 2018: sororidad (fraternidade en relación  de amizade e solidariedade moi estreita entre dúas ou máis persoas).
  4. 2019: emojis (símbolos para as mensaxes de  Whatsapp).
En referencia a onde comezou a tradición de nomear unha palabra do ano, buscando na rede, non atopei moita información salvo do dicionario Oxford que a súa primeira palabra foi no ano 1975 coa palabra:"Brainiac"(cerebrito) e así ata hoxe no 2019, CLIMATE EMERGENCY.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA 15: COMO EVITAR CONTAXIARNOS CO CORONAVIRUS

TAREFA 14 : A FAMILIA NA DISTANCIA, UNIDA.