TAREFA 14 : A FAMILIA NA DISTANCIA, UNIDA.

Dende o 16 de marzo ata o día de hoxe e ata o vindeiro 26 de abril, o goberno decretou o estado de alarma, unha situación nunca antes vivida por ningún membro da miña familia polo que é unha situación especial que nos toca vivir.
Dende o meu confinamento e  sobre todo, dende o lugar donde vivo as accións altruistas que podo facer son poucas.O sí fixen dende a miña casa foi  tener manter  contacto coa familia unida como ata agora. Por iso, estivemos a unir á familia a través de internet.
Antes do confinamento cada semana, comía cos meus avós e meus tíos e primos , por parte de pai, os sábados. Os domingos, reuníamonos os meus tios que viven na Coruña, avós por parte de nai e cos meus primos  pero despois deste confinamento non podemos facelos  e por iso fago videochamadas para manter á familia unida na distancia.
A idea ao principio foi en plan broma pero a miña xente lles gustou a idea  e agora o facemos todas as semanas e deste xeito nos vemos, charlamos e ata tomamos un refresco como se fose un domingo mais. Botamos risas e nos poñemos ao día.
A verdade e que non me esperaba que funcionase tan ben e facemos como se fora un sábado e domingo máis, coma sempre !!!. É  unha maneira de que toda a miña familia non se preocupen tanto por min e por todos os seus netos e fillos. E eu tamén sei que os meus avós, que viven sós, están ben de saúde.
Para levar a cabo as videochamadas empreguei as aplicacións: Google duo, Zoom...
Aquí vos deixo unha imaxe na que nos xuntamos a familia:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA 15: COMO EVITAR CONTAXIARNOS CO CORONAVIRUS

TAREFA 7: ANALISE DE DATOS

TAREFA 8:A PALABRA DO ANO