TAREFA 15: COMO EVITAR CONTAXIARNOS CO CORONAVIRUS


COMO EVITAR CONTAXIARNOS CO CORONAVIRUS

Neste momento todo o mundo debe quedar na casa. Estamos a sufrir a pandemia do Coronavirus, por iso é importante que se realizan pautas para previlo.


O coronavirus pertence a unha familia de virus que se descubriu nos anos 60 e o seu orixe é descoñecido. O Co-Vid19 presenta  nos casos máis graves un "síndrome respiratorio grave" en forma de neumonía ademáis de febre e tos etc... e nos casos mais lixeiros causan dor de cabeza e falta de gusto e olfacto. 

En decembro do 2019, apareceron os primeiros casos do novo coronavirus en Wuhan(China). O aumento de casos foi continuo e a transmisión entre as persoas é moi rápida.
A día de hoxe hai moitos mortos e  millóns de persoas enfermas por todo o mundo.

Ata agora non ten vacina para combatir , por iso é importante a prevención porque esta enfermidade transmítese  polo aire (estornudo, toser) ou como din os médicos: "por vía aérea" por iso é recomendado poñer mascarilla na cara tapando a boca e o nariz.

Cando tuses, saltan gotiñas que poden contaxiar a outras persoas no caso que teñas a enfermidade e non o saibas. Por iso é importante manter unha hixiene básica como as que se mostran nesta imaxe:


 Imaxe do cartel elaborado pola comunidade de Madrid

Imaxe obtida na web do Hospital Severo Ochoa
Hospital Severo Ochoa, Madrid 16032020 ás 08:05 am
SECCIÓN: Sociedade


As medidas de prevención son: 

  • Lavar as mans frecuentemente. 
  • Evitar contacto con persoas infectadas.
  • Aconséllase o uso  de mascarilla facial para evitar  que a saliva contamine a outros.
  • O uso de panos desechables.

Estas medidas deben seguilas especialmente as persoas con diabetes, e outras enfermidades crónicas que poden causarlles problemas máis serios de saúde.

Por eso, si seguimos estas regras, non enchemos as urxencias nos hospitais e os enfermos estarán mellor  atendidos.  
Para mais información, podes ir ás páxina web do: Ministerio de Sanidade do Goberno de España ou á paxina do Sergas que che dará información real cada día.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TAREFA 8:A PALABRA DO ANO

TAREFA 14 : A FAMILIA NA DISTANCIA, UNIDA.